Skip to main content
Vilalba

Mañá rematan os Seráns Musicais de Vilalba

Por 11 Agosto, 2022Agosto 12th, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba remata mañá os Seráns musicais polas rúas, unha programación cultural con diferentes actuacións musicais durante os meses de verán, entre o 8 de xullo e o 12 de agosto, dándolle prioridade aos grupos locais.

O programa que xa comezou en xullo con grupos como Mestura de Nete, Buxos Verdes, A. C. Cerna de Árbol ou a Banda Municipal de Música de Vilalba, rematará o vindeiro venres 12.

Así, para pechar ciclo musical, haberá dous concertos, o primeiro ás 21.00 horas a cargo de A.C. Andrade e o derradeiro ás 22.30 horas no palco da música da praza da Constitución co grupo Son da Rúa (Iescha).