Skip to main content
Vilalba

Un mural de Rosalía de Castro transformará a contorna do Parador de Vilalba

Por 11 Agosto, 2022Sin comentarios

O grafiteiro e deseñador Pablo Lage ‘Van Kraft’ traballa durante esta semana na realización dun mural homenaxe a Rosalía de Castro, en Vilalba. Un proxecto artístico promovido polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que plasmará a figura da poeta na fachada lateral dun edificio situado na encrucillada entre a rúa Conde Pallares e o acceso ao xardín do Parador.

O deseño, titulado A fiestra de Rosalía, responde a unha mestura de técnicas e representacións tradicionais e modernas de Rosalía de Castro, cunha gama de cores adaptada ao entorno no que se realiza, e ocupará uns 80 metros cadrados.

A intervención encádrase dentro das intervencións artísticas e propostas culturais que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo ven desenvolvendo nos últimos  tres anos en espazos públicos para reivindicar a obra de Rosalía de Castro e espallar a súa figura por toda a xeografía.