Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

A degustación dunha empanada xigante abre as festas de Corbelle

Por 19 Agosto, 2022Agosto 21st, 2022Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Corbelle abre este venres, as súas festas patronais cunha degustación de empanada de mazá, que defienen “como a mías grande de Galicia” e de bolo preñado. Esta degustación estará amenizada poilo dúo Venus.

O sábado Lecer, en dobre sesión, e Saudade, orquestra revelación 2022, poñerán o toque musical ás celebracións, que se abrirán ese día coa misa solemne ás 14.00 horas, seguida da procesión.

O domingo será 0 día dedicado ao neno, cunha festa a partir das 18.00 horas na que haberá inchables e festa da escuma. Ademais, pola mañá repetirase o oficio relixioso co mesmo horario e haberá sesión musical ao medio día co dúo Explosión.