Skip to main content
Vilalba

Os grupos locais cobran protagonismo nas festas vilalbesas

Por 27 Agosto, 2022Sin comentarios

A música feita na Terra Chá tamén terá traballo que facer este ano nas festas de San Ramón.  A programación inclúe a participación dos diferentes grupos de música tradcional e charangas, principalmente de Vilalba pero tamén dos concellos da contorna, dando protagonismo ao produto cultural local. Estes son os grupos chairegos que amenizarán as rúas vilalbesas durante as festas en concerto e pasacalles.

A Banda de Gaitas Mato Vizoso naceu no ano 1988 no seo da Anpa do colexio homónimo da man dun grupo de gaiteiros constituído por 6 nenos de eentre 8 e 9 anos e o seu profeesor Carlos A. Celeiro Arias Morón. O grupo foi medrando pouco a pouco e a partir de 1992 iníciase o camiño da Banda de Gaitas con actuación públicas fóra do ámbito escolar, primeiro nas patronais e as parroquias e despois en pobos de toda a provincia.

Xa en 1993 inscríbese como asociación e dende ese momento participaron en innumerables encontros, concertos e festivais por toda a Península Ibñerica.

A Asociación Cultural de Andrade nace dun grupo de pandereteiras, formado tanto por nenas como por adultos, que comezaron os seus primeiros cantos e repeniques polo

curso 1999/2000. Dende ese primeiro curso participaron en diferentes progamas.

Ao longo do tempo fóronse engadindo as clases de baile tradicional, gaita e linguaxe musical e máis recentemente, percusión brasileira e cantos de taberna. Na actualidade

contamos con máis dun centenar de alumnos de diferentes idades en todas as nosas actividades. O ano pasado disfrutamos da experiencia de integrar os ritmos galegos dentro da danza para tentar amosar a multiculturalidade de España.

A agrupación musical Cerna de Árbol xurdiu a raíz da Asociación Cultural e Deportiva da mesma parroquia vilalbesa.

Este grupo de música tradicional fundouse despois dun curso de música no que participou algún membro da asociación e como da música desfrutan todos os veciños, despois dun magosto de 2014 decidíronse a crear esta formación.

Contan con arredor de 25 compoñentes dos que 12 son nenos de entre 8 e 14 anos e aos que lles encantan a percusión. Malia que coa covid déronse de baixa varios membros,  os embarazos dalgúns dos integrantes traeron consigo novos compoñentes.

Cerna de Árbol participa en diferentes feiras do Concello de Vilalba como a de Artesanía e a do Capón, e por suposto nas súas festas parroquiais e as de algún que outro integrante que non é da mesma pois o fin máximo deles é xuntarse e pasalo ben.

Para actuar contan cos seus propios traxes tradicionais e con polos máis cómodos para xuntanzas máis informais como os Cantos de Taberna.

A Asociación Cultural Mestura de Nete deuse de alta formalmente este ano para poder inscribirse e participar en programas como o musiqueando da Deputacion ou en diferentes actuacions como cantos de taberna, procesión, festivais, etc. Dende o 2015 a Asociacion de veciños de Nete, que cumpre este ano 25 anos de existencia, organizou clases de música tradicional (pandeireta, baile tradicional, acordeón, gaita, percusión, canto tradicional), e cada ano foi aumentando o número de alumnos ata chegar actualmente a preto de 80 persoas nas diferentes disciplinas.

Co paso do tempo foise consolidando o grupo de cantos con 20 persoas actualmente. Todos os venres ensaian con Pablo Pintor e participan en varios cantos de taberna así como nos Seráns culturais do Concello de Vilalba. Este ano tamén fixeron un festival benéfico no auditorio vilalbés para a Asociacion Somos unidos por el cáncer.

Os traxes para tocar tamén os confeccionán eles mesmos no taller de costura que organizou a Asociacion de veciños coa modista Feli Vázquez.

O grupo Asubíos da Chaira xurdiu pouco antes de que a pandemia chegara as nosas vidas. Así, a coral Virxe do Monte de Cospeito sementou a iniciativa de crear unha aula de música tradicional aberta e

que conta cunha trintena de integrantes que se dividen en Asubiíños e Asubíos adultos. O seu debut foi uns meses despois da súa creación nun concerto de Nadal en Feira do Monte xunto á veterana coral. Despois virían outros concertos e actuacións por feiras, centros de día e festivais.

A Charanga de Vilalba está formada por diferentes músicos, cun amplo repertorio e con máis de 20 anos de experiencia. Fundada no ano 1994 e despois dunha longa serie de ensaios, a primeira actuació tivo lugar o 1 de xuño de 1994, na festa de celebración do ascenso da SD Compostela á primeira división do fútbol español. Desde entón, seguen dun lado para outro animando toda clase de festas, concertos, festas gastronómicas, ou espectáculos deportivos…

Un dos principais atractivos é o carro da batería, de fabricación propia e artesanal, así como o acordeón amplificado. O seu repertorio abarca cumbias, merengues, pasodobres, boleros, mambos, guarachas, tarantelas, marchas, muiñeiras, xotas, … e pachanga en xeral.

Buxos Verdes é un grupo de música tradicional que naceu no ano 2001 en Vilalba e que conta na actualidade con 25 integrantes de todas as idades. O que os move a tocar é a súa paixón pola música tradicional galega, desfrutando dela en foliadas, cantos de taberna e festas varias. A música que escoitaremos con eles serán as coñecidas muiñeiras, xotas, rumbas e pasadobres, entre outras.

Finalmente, Entre Lusco e Fusco é un grupo de baile, canto e música tradicional que remonta a súa orixe ao ano 1990. Ao longo destes 32 anos de percorrido, os membros da asociación tiveron a posibilidade de acudir á televisión de Galicia, de facer intercambios culturais tanto na nosa comunidade autónoma como fora dela, actuar en distintos eventos, actos e festividades da comarca da Terra Chá, ademais de participar na vida cultural da vila e dos seus arredores.

Na actualidade conta con arredor de 100 socios de diversas franxas de idade nenos/as, adolescentes e adultos, repartidos nas diferentes disciplinas que se imparten. Persoas con carácteres, personalidades e ideoloxías distintas, pero cun obxectivo común: tocar, bailar e cantar. Ou noutras palabras, promover e ensinar a cultura tradicional galega de xeito ameno e desfrutando da mesma.