Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O San Ramón acolle este luns unha nova edición do Día da Bicicleta

Por 28 Agosto, 2022Agosto 29th, 2022Sin comentarios

Volve o San Ramón e con el a Festa da Bicicleta, que nesta ocasión chega á vixesimo oitava edición.

A organización continúa con este encontro tan representativo das festas patronais de Vilalba co que os veciños de todas as idades participan coa súa bicicleta nunha andaina non competitiva polo centro da vila.

Este encontro será o lo¡uns 29 de agosto a partir das 19.30 horas e como nas edicións anteriores estará aberto a todos os vehículos de rodas que requiran do empuxe humán, polo tanto tamén se admiten patíns, coches de nenos, monopatíns, etc. Por suposto está dirixido a todos os membros da familia polo que haberá trofeos especiais ao participante de maior idade e ao máis pequenos de meses portado.

A saída situarase na praza da Constitución dende onde se concentran os e as participantes ata dar saída á altura do bar Casablanca, continuando pola rúa da Pravia, Campo de Puente, rúa de Muras, rúa de Cospeito, avenida Terra Chá, Xosé María Chao Ledo, rúa de Galicia, paza Suso Gaioso e chegada de novo á praza da Constitución.

A organización entregaralle a todos e cada un dos participantes un dorsal cun número e, un boleto no momento de facela inscrición, que entregará á hora da saída e, que lles dá dereito a poder entrar no sorteo de agasallos que se fará á chegada entre os participantes inscritos.

Entre os agasallos a sortear están unha bicicleta, televisior, tableta e patíns, así como mochilas e casoc de ciclistas. Tamén haberá premios gastronómicos con dous queixos de San Simón da Costa e roscóns.

Poderá participar todo aquel que o desexe sen límite de idade. A inscrición será obrigatoria  se se quere participar no sorteo de agasallos que se fará unha vez concluído o  paseo. Admitiranse inscricións  ata  dúas horas antes da saída.