Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes TERRACHÁXAVilalba

Un Vilalbés reforzado cun novo central participa o sábado no Trofeo President

Por 25 Agosto, 2022Agosto 27th, 2022Sin comentarios

O Rácing Vilalbés participará este sábado nunha nova edición do Trofeo President, na que é a súa XXV edición, coincidindo coa celebración das festas patronais de Vilalba.

Así, no estadio da Madalena enfrontarase a partir das 12.00 horas ao Atlético Arteixo no que é un novo partido de pretempada, na que o conxunto local leva traballando todo o mes de agosto.

Para os socios a entrada será gratuíta pero para o resto o prezo será de dez euros.

O Vilalbés levará ao seu campo o novo equipo co que competirá un ano máis en Terceira División e que seguirá dirixido por Simón Lamas.

Ao cadro local súmase tamén unha nova fichaxe, a de Damián Noya, central zurdo de 22 anos, expeditivo e con boa saída de balón natural de Teo, na Coruña.

O xogador chega ao Vilalbés cedido polo CD Lugo, co que renovou contrato este ano. Varias tempadas na base do clube albivermello, o Polvorín, para formar parte do plantel que acadou o ascenso na pasada tempada. Pasou tamen polas categorias inferiores de clubes como SD Villestro, Bertamirans FC ou RC Deportivo.