Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Vilalbés FS inicia a pretempada con poucos cambios nos equipos sénior

Por 27 Agosto, 2022Agosto 28th, 2022Sin comentarios

O Forma-T Vilalba FS de Segunda B, que debuta este ano na categoría, pechou xa o equipo para enfrontarse, a partir do 24 de setembro aos outros 15 rivais cos que pelexará polo trofeo e o ascenso. Este será o equipo cabeceira do club, que conta con seis equipos, dous sénior, dous filiais e dous xuvenís, os tres cun representate masculino e outro feminino.

No equipo cabeceira repetirán todos os xogadores que lograron o ascenso, que recibirán tamén o apoio de Dani Quintela, procedente do Stellae; Xoel, do Xove, e Kevin, do Guitiriz. Quini Mártínez, director deportivo do club, seguirá dirixindo ao conxunto vilalbés, xunto ao feminino.

As subcampioas de liga o ano pasado tamén renovan polo club vilalbés e tamén conta con tres fichaxes: Aroa do Castro, Jenni da Fervenza e Ainara do Begonte. A última incorporación foi a a de Andrea López Caaveiro, Pasto, xogadora de 21 anos da Pastoriza, que actúa na posición de ala-peche e militou en equipos coma o Ribadeo FS e o Castro FSF.

No filial masculino destacan as incorporacións de Daniel Pardo Rus, pivote de Cospeito procedente do Castro, Josito do Rábade FS, o vilalbés Christian, Johan Fariñas e o porteiro Kevin, que compaxinará o seu labor de porteiro co equipo de Segunda B.

CAMPAÑA DE SOCIOS

O equipo comezou, xunto coa nova tempada, unha campaña de captación de socios para soster os equipos que teñen en competición.

Así, os que se fagan socios terán aceso gratuíto a todos os partidos dos 6 equipos ademais de sorteos durante toda a tempada. Para facerse socio hai que seguir os paso que marca a páxina web www.vilalbafs.es ou poñerse en contacto con membros do club.-