Skip to main content
Vilalba

A Xira de Vilalba, as mallas, a festa da xuventude e os torneos de fútbol, eixes da fin de semana

Por 29 Agosto, 2022Agosto 30th, 2022Sin comentarios

Este foi a última fin de semana de verán, aínda que oficialmente queda aínda tres semanas de estación, con agosto rematan moitas das celebracións típicas.

Para finalizar agosto, a Terra Chá contou con grandes celebracións esta fin de semana, como foi a Xira da mocidade de Vilalba, que reuniu, tras dous anos de ausencia, á mocidade na Madalena para desfrutar da música e da compañía. A calor fixo presencia pero non desmereceu unha xornada dunha gran afluencia.

Tamén outra da mocidade que estivo de festexos esta fin de semana foi a de Friol que celebrou a Festa da Xuventude por todo o alto e tamén tras tempo sen poder convocarse por mor da pandemia. A xuventude friolesa non deixou escapar a oportunidade de desfrutar da música na noite do venres.

Ademais, tamén foi tempo de malla. A de Meira si se celebrou con presencia das distintas autoridades e baixo unha intensa calor. Participaron os veciños e xuntos pasaron un día lembrando unha tradición galega. Tamén houbo malla en Friol, a segunda edición desta celebración na Castronela levou a voz cantante.

DEPORTE

No tocante ao deporte, dous torneos de fútbol tiveron lugar, o President, disputado en Vilalba, dentro do programa das festas, e no que destacou a vitoria do equipo local na queda de penaltis tras un partido moi aberto e con moitas ocasións para ambos conxuntos, que chegaron ao final empatados 2-2.

Moita igualdade tamén no Trofeo Concello de Friol entre as locais e o Real Spórting de Gijón celebrado este sábado na Reigosa. Tamén 2-2 no marcador final e gran ambiente na grada e no campo e outro premio que queda na casa.

Outras das citas deportivas da fin de semana foi a ruta BTT organizada por Cova da Serpe e que encheu de colorido as rúas de Guitiriz.