Skip to main content
Vilalba

As festas de Vilalba continúan mañá co Día de San Ramón

Por 30 Agosto, 2022Agosto 31st, 2022Sin comentarios

Tralo inicio oficial das festas hoxe, Vilalba continuará mañá celebrando as súas patronais cun amplo e variado programa que o abrirán os pasacalles a cargo da Banda de Gaitas Mato Vizoso e dos Buxos Verdes.

A Banda de Gaitas Mato Vizoso naceu no ano 1988 no seo da Anpa do colexio homónimo da man dun grupo de gaiteiros constituído por 6 nenos de eentre 8 e 9 anos e o seu profeesor Carlos A. Celeiro Arias Morón. O grupo foi medrando pouco a pouco e a partir de 1992 iníciase o camiño da Banda de Gaitas con actuación públicas fóra do ámbito escolar, primeiro nas patronais e as parroquias e despois en pobos de toda a provincia.

Xa en 1993 inscríbese como asociación e dende ese momento participaron en innumerables encontros, concertos e festivais por toda a Península Ibérica.

Buxos Verdes é un grupo de música tradicional que naceu no ano 2001 en Vilalba e que conta na actualidade con 25 integrantes de todas as idades. O que os move a tocar é a súa paixón pola música tradicional galega, desfrutando dela en foliadas, cantos de taberna e festas varias. A música que escoitaremos con eles serán as coñecidas muiñeiras, xotas, rumbas e pasadobres, entre outras.

Ás 12.00 será a misa e a tradicional procesión, na que a coral Luar será a encargada de poñer a parte musical ao oficio relixioso na honra a San Ramón.

Antes da sesión vermú terá lugar o espectáculo musical Mezzo. Mezzo é un espectáculo itinerante cheo de cor, imaxinación e fantasia, co que Pistacatro quere recuperar por un lado o espíritu de aventura das novelas de Julio Verne e, por outro, a estética visual dos circos ambulantes de finais do século XIX e principios do XX.

Para os algo máis maiores será a orquestra Pontevedra a que ponga a música no vermú, para, ás 20.00 horas, dar paso ao concerto da Banda de Música de Vilalba.

A Banda de Música de Vilalba é unha agrupación musical constituída no ano 1991. Despois de décadas sen unha banda no municipio no ano 1987 créase unha escola de música na vila da que uns anos máis tarde xurdiría a banda. Foron varios os directores que levaron a batuta durante os máis de 25 anos que a banda estivo tocando. O primeiro foi Xosé Guntín Currás quen estivo á fronte da banda durante dous anos. En 1993 colleu a batuta Xosé Rodríguez Ramos e desde 1995 diríxea César Concheiro Guerrico, mestre de frauta no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Rematará a noite coa actuación do Combo Dominicano e unha sesión de fogos de artificio.

PARA HOXE

  • 19.00 Pregón e Certame Literario (Auditorio)
  • 23.00 Concerto de Tanxugueiras (Campo da Feira)
  • 0.00 DJ Frisco & Marcos Peón (Campo da Feira)