Skip to main content
Vilalba

Celebran en Vilalba un novo curso sobre análise sensorial dos queixos galegos

Por 30 Agosto, 2022Sin comentarios

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar na Asociación de Empresarios Sete Pontes, en Vilalba,  unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre a análise sensorial dos queixos galegos distinguidos con denominación de orixe protexida. O obradoiro impartirase os días 5 e 7 de setembro en horario de tarde, desde as 16:00 ata as 21:00 horas.

O programa deste curso aborda unha serie de nocións teóricas e prácticas sobre os queixos galegos e a súa elaboración, así como a análise do produto final. Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende proporcionar aos alumnos do obradoiro coñecementos para profundizar no produto e nas súas características distintivas e peculiaridades, ademais dos regulamentos propios de cada denominación. Así mesmo, o alumnado fará unha cata de queixos para poñer en práctica os coñecementos adquiridos de identificación.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 954, ou enviarse un correo a maria.carmen.rego.martinez@xunta.es.