Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Xermade celebra esta fin de semana as súas festas patronais

Por 2 Agosto, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

O venres, 5 de agosto, darán comezo as festas de Xermade, que se prolongarán ata o domingo 7 con actuacións e verbenas todas as noites na honra a Nosa Señora.

Así, os dúos Venus e Eclipse serán os encargados de inaugurar a celebración a noite do venres para continuar o sábado con Lecer, que fará a dobre sesión e Ritmo Joven que actuará pola noite.

O domingo será a vez de Los Supremos, que tamén farán dobrete e pola noite actuará tamén o dúo Explosión.

Tanto sábado como domingo haberá misa solemne ás 13.30 horas con procesión.

A comisión de festas venderá rifas nas que se sortea dous días no balneario hostel Attica-21. O gañador será o que teña a papeleta co número de coincida co sorteo da Once do 13 de agosto.