Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Xermade acolle dúas actividades infantís sobre consumo responsable

Por 14 Agosto, 2022Agosto 25th, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade organiza o día 25 de agosto unha actividade dirixida aos máis pequenos na biblioteca para favorecer un consumo responsable.

Esta terá lugar o xoves 25 de mañá nas instalacións da biblioteca municipal. Darán comezo ás 10.00 horas co contacontos Xogueteando: un lecer diferente. Dunha hora de duración, esta actividade está dirixida a nenos de 3 a 6 anos.

Trátase da narración dun conto animado para promover o consumo responsable a un lecer activo, traballando ademais os xoguetes seguros e sen riscos. Finaliza coa fabricación por parte dos nenso dunha volvoreta.

Ás 11.00, e xa para nenos de 7 a 12 anos, terá lugar unha xincana onde os grupos teñen que superar diferentes probas nas que se traballan cuestións relacionadas co consumo responsable.

Os interesados en participar deberán inscribirse por whatsapp no 678 744 178 ou por mail no educadora. familiar@xermade.org.