Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Momán estará de festas estas fin de semana

Por 18 Agosto, 2022Agosto 21st, 2022Sin comentarios

A parroquia de Momán, en Xermade, festexa dende este vernes, 19 de agosto, e ata o domingo, as súas festas patronais na honra de San Maed e San Bartolomé.

Estas celebracións darán comezo cunha liscada e chourizada gratuíta para todos os asistentes, que tamén poderán bailar ao ritmo da música do dúo Estrellas.

O sábado comezará a programación cunha misa solemne, ás 13.30 horas, cantada polo coro da Uned Sénior de Momán, seguido da sesión verú que estará ao cargo de Galilea, que tamén actuará pola noite na verbena xunto a mar de Arousa.

Tamén o domingo haberá dobre sesión festiva, en sesión vermú e verbena, que estará ao cargo de Furia Joven. Tamén haberá misa ás 13.30 coa música do coro Uned Sénior.

Surante as festas sortearase un premio de 500 euros.