Skip to main content
Xermade

Xermade prohibe encher piscinas e a rega polo escaso caudal

Por 20 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade informou aos veciños que queda prohibido encher piscinas, a rega e o lavado de coches, polo escaso caudal que presentan os mananciais. O alcalde, Roberto García Pernas, constatou estas restricións que xustifica porque “os mananciais baixaron moito e escasea a auga”.

“Non é que esteamos en risco extremo, de momento pero os mananciais van moi baixos. Estamos con pozos bombeando para os depósitos. Hai que ser prudente e ter coidado de que non haxa escaseza total”, dixo.

Roberto García lembrou que de seguir coa seca, a situación pode empeorar moito para a maior parte dos concellos. Polo momento avanzou que hai veciños que se lles secaron os pozos.