Skip to main content
Xermade

O Concello de Xermade licita as escolas deportivas por dous anos

Por 27 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade abriu o proceso de licitación do servizo de escolas deportivas culturais para o novo curso 2022/23 que englobarían as de teatro, costura, manualidades e xogos interxeracionais, así como patinaxe, multideporte, fútbol, psicomotricidade, zumba, loita e hockey sobre patíns para nenos e pilates para adultos.

As actividades socioculturais que se realizarán no Concello de Xermade terán lugar polas distintas parroquias e sempre que exista un número mínimo de participantes. Serán cursos ou obradoiros de diferentes duracións en función da actividade. Son actividades educativas, de tempo de lecer, de dinamización de grupos favorecendo o intercambio, a participación e a cooperación social.

O servizo obxecto desta contratación diríxese á poboación de Xermade en xeral. De quedar prazas vacantes, poderán participar persoas empadroadas noutros concellos.

O valor estimado de licitación ascende a contía de 35.778,60 euros (IVE excluído), cun prazo de duración de dúas tempadas prorrogable por unha tempada máis.