Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes AMARIÑAXAXove

O Komando Xoviético organiza a V Marcha BTT

Por 5 Setembro, 2022Outubro 23rd, 2022Sin comentarios

O Komando Xoviético informou da realización da nova marcha BTT que están a organizar e que nesta ocasión chega a súa quinta edición.

Esta cita deportiva do grupo xovense será o vindeiro domingo 23 de outubro e percorrerá os montes e paraxes do Concello de Xove.

Dende a organización aínda están a preparar os detalles técnicos e irán informando “pouco a pouco nestas semanas”.

Así mesmo, animan a ir pasar cos Xoviéticos un bo domingo de bici polo Concello de Xove, o que dará a ocasión de ver recunchos interesantes pese a tala masiva do eucalipto, obxectan.