Skip to main content
Axenda CaducadaVegadeo

O recinto feiral de Vegadeo acollerá unha nova edición da Feira dos Stocks en outubro

Por 5 Setembro, 2022Outubro 9th, 2022Sin comentarios

O recinto feiral de Vegadeo acollerá unha nova edición da Feira dos Stocks que terá lugar do 7 ao 9 de outubro. Nela poderanse atopar artigos de todo tipo aos mellores prezos.

A organización deste certame feiral corresponde ao Concello de Vegadeo, e o horario de apertura ao público será pola mañá de 11.00 a 14.00 horas e de tarde de 16.30 a 20.30 horas.

O obxectivo xeral desta feira é dinamizar o pequeno e mediano comercio, ofrecendo un punto onde dar saída aos excedentes de mercadoría de cada campaña, a prezos de promoción.

Ademais de dar a coñecer o comercio comarcal ao público asistente a través da Feira do Stock e ofrecer ao consumidor unha oferta variada de produtos de calidade e a prezos competitivos.

Para participar cun posto será necesaria a previa inscrición no seguinte enlace. O prazo de admisión de solicitudes está aberto ata o 27 de setembro de 2022.