Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

Confirmada a data do Toxiza Gran Trail para o 2023

Por 27 Setembro, 2022Sin comentarios

O Toxiza Clube de Montaña, ogranizador da proba deportiva Toxiza Gran Trail, comunicou a nova data para o vindeiro ano 2023 na que se celebrará esta cita.

Esta é unha das probas de montaña máis multitudinarias, non só de Galicia senón de todo o Norte de España, así, o ano pasado participaron uns 560 deportistas. E este ano celebrarase o 25 e 26 de marzo.

Os participantes nas probas competitivas estarán distribuídos en catro opcións, catro carreiras convencionais de 60, 42, 24 e 14 quilómetros e unha andaina de 14 quilómetros.

A maratón previsiblemente será a primeira en tomar saída desde a praza dá Catedral, mentres que a andaina comezará máis tarde.