Skip to main content
Cultura AMARIÑAXADeportes AMARIÑAXAXove

Entrevista: “Queremos manter nas escolas toda a diversidade deportiva“

Por 4 Setembro, 2022Novembro 29th, 2022Sin comentarios

José Manuel Blanco González é o presidente e tamén fundador da ACD Xove.

Quen se atopa ao fronte da asociación?

O fronte da ACD Xove, encontrase unha serie de pais, que alá polo ano 2002, decidiron crear a entidade, para darlle o Concello de Xove unha variedade deportiva e cultural, con destino a nenos de entre 3 e 18 anos.

Quen é o presidente?

Son eu o presidente e fundador da entidade, Jose Manuel Blanco González, e o único directivo cofundador xunto co presidente e que forma parte da actual Directiva, é o tesoureiro, Ovidio Rouco Otero. O resto de xunta directiva está formada por: Francisco J. López Fernández como secretario, Miguel Fra Fra como vicepresidente, e Inés Díaz Campo, Oscar Mejuto Pardo, José Ángel García González como vogais.

Canto tempo leva no cargo?

O actual presidente e tesoureiro levan 20 anos, pois a ACD Xove, fundouse estatutariamente o día 12 de xuño de 2002.

Cales eran os primeiros obxectivos?

Pois ao principio queríamos unha maior diversidade deportiva e cultural. Ademais a idea era tamén crear unha gran entidade deportiva que poidera satistifacer todos os intereses dos veciños de Xove.

Que tipo de actividades fan?

Contamos con  escolas deportivas e culturais, e tamen organizamos toda clase de eventos deportivos. E temos escolas deportivas de: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol sala, karate, patinaxe, tenis de mesa, xadrez, xogos predeportivos, pilates, fitdance, surf, e tamen con escola de teatro e escola de pintura. Tamén temos un grupo de senderismo composto por mais de 100 persoas. E organizamos tamén eventos deportivos como carreiras populares, Día da Bici, XoveCostaTrail, etc….

Cantas persoas forman a asociación?

A asociacion esta formada por unhas 200 familias asociacidas, as cales pagan unha cota mensual de 10 euros, que se pagan de forma semestral, e lles da acceso a todas as actividades que a sua idade llo permita.

E de nenos participantes?

En total son uns 230 alumnos os que participan este ano nas actividades.

Cantas categorías hai no club actualmente?

As categorías son de nenos dende os 3 anos ata os 18. Tamén temos actividade para adultos, como pintura, sendeirismo, pilates…

Cales son os obxectivos hoxe en día?

Os obxetivos son os de manter a actividade en todas as escolas, e seguir  tendo unha ampla diversidade deportiva, para que todos os nenos poidan ter a sua oportunidade.

Como se mantén unha asociación como esta?

A ACD Xove, mantense coa cota de socios, cunha subvencion municipal do Concello de Xove, e cas donacions de varias casas ou entidades comercias da comarca. A asociación ronda  un orzamento de preto de 50.000 mil euros.

Como se presenta a vindeira tempada?

A vindeira tempada esperamos seguir na mesma liña de traballo e contar con equipos de competicion en fútbol sala, baloncesto, patinaxe, atletismo, bádminton, tenis de mesa , xadrez, así como organizar unha nova edición do XoveCostaTrail.