Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

O próximo 1 de outubro será a Half Triatlon Ribadeo 2022

Por 11 Setembro, 2022Outubro 1st, 2022Sin comentarios

O próximo 1 de outubro, Ribadeo acollerá esta proba puntuable para a Clasificación Nacional de Media e Longa Distancia. A ría de Ribadeo, que separa Asturias de Galicia, será o escenario da segunda edición deste tríatlon con vocación de turismo deportivo de primeira orde.

O programa constará de dúas probas sen drafting (Half e Short), sendo unha proba de ámbito nacional e puntuando a modalidade Half para a clasificación nacional de Tríatlon de Media e Longa Distancia.

A participación nesta edición establécese en 800 triatletas, entre as dúas modalidades, e deberase facer na seguinte web.

A saída Short será ás 9.00 horas e media hora despois será a Half. As entregas de trofeos de categorías absoluta e equpos Short será a partir das 12.00 horas, ás 13.30 o resto das categorías, ás 14.00 horas as de Half absoluto e equipos e ás 15.30 o resto de Half.

Haberá trofeos aos 3 primeiros da clasificación xeral e de cada categoría así como ao primeiro equipo masculino e feminino das 2 modalidades. Tamén haberá medalla de finisher a todos os participantes que cheguen a meta nas dúas distancias, Half e Short.

O percorrido da natación será un polígono de 1.000 m.( 1 volta Short, 2 voltas Half ) e terá lugar na praia dos Bloques, no interior da ría, polo que non estará exposto ás diferentes situacións que poden producirse no mar Cantábrico. O deseño podería variar en función da marea, as correntes e a climatoloxía.

O percorrido ciclista será a unha volta o short e dúas voltas o half. Comeza atravesando a localidade de Ribadeo, para continuar por estradas comarcais con excelente asfalto e espectacular paisaxe. O percorrido aproxímase á localidade de Trabada, realizando 81kms o Half e 40 kms o Short. Trátase dun percorrido esixente polo perfil, pero sen dificultades técnicas e con bo asfalto.

O percorrido de carreira a pé é de 10 km. (1 volta Short, 2 voltas Half) e iníciase polo porto de Ribadeo e pola rúa de Calvo Sotelo chégase á estrada do Faro, que bordeando a ría chega ao Faro de Isla Pancha, sendo un percorrido de ida e volta. A meta estará instalada na praza de España, diante do Concello.

A proba conta cos seguintes tempos de corte, para o Short, só ten un tempo máximo para completar a natación: 30 minutos; o Half ten un tempo máximo para completar a natación de 60 minutos. O ciclismo Half, terá un punto de corte no quilómetro 42,5 , inicio segunda volta, cun tempo máximo real de 3 horas 10 minutos.