Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

As pistas de Area acollen ata o domingo o I Torneo de Pádel Concello de Viveiro

Por 7 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro acolle desde hoxe e ata o domingo, día 11 de setembro, o I Torneo de Pádel Concello de Viveiro que se celebrará nas pistas de Area.

Haberá varias categorías: Primeira Masculina; Segunda Masculina; Iniciación; Mixta, e Feminino. Ademais, o evento contará con DJ, speaker, sorteos e máis sorpresas.

Os partidos do Torneo de Pádel Concello de Viveiro comezarán hoxe ás 16.00 horas e rematarán co último encontro que se iniciará ás 22.15 horas. Nas xornadas do sábado e domingo xogaranse as finais. Pódense consultar os partidos e horarios no seguinte enlace.

“O pádel é un deporte en auxe moi practicado por persoas por todas as idades, polo que desexamos que sexa a primeira de moitas edicións deste torneo”, asegurou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.