Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

Volve a VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais

Por 15 Setembro, 2022Sin comentarios

A VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais celebrarase este sábado 17 de setembro discorrendo por un lugar do máis fermoso tanto de Galicia como de todo o Cantábrico. Pódese consultar o percorrido no seguinte enlace.

Así, centos de persoas visitarán como cada ano esta media maratón entre Ribadeo e As Catedrais na que dende o Concello confían que o volvan facer para esta nova edición, “contamos con moitos colaboradores que co seu apoio fan que sexa unha das carreiras con máis boas críticas, en canto a organización, a intendencia e a que os obstáculos difíciles destes 22 quilómetros se fan moito máis levadíos co apoio de toda esta xente”.

As inscricións xa están pechadas e a retirada dos chips e dorsais será o sábado de setembro de 11:00 a 13:00 e de 14:45 a 16:45 horas na Casa do Concello de Ribadeo.

O Concello de Ribadeo terá autobuses a disposición dos corredores, que farán continuamente o percorrido As Catedrais (Aparcadoiro) – Ribadeo (Oficina de Turismo vella), polo que cada 15 minutos aproximadamente sairá un autobús. Os autobuses partirán dende ás 14:45 ata ás 16:30 horas, dende a praia As Catedrais hacia Ribadeo (preto da Casa do Concello), os corredores deixaran os seus vehículos nun aparcadoiro que estará sinalado o lado da praia, para unha vez que chegen a meta, saquen a foto de rigor, recollan a mochila (se a deixaron no servicio de gardaroupa) e reciban a súa camisola conmemorativa, ou despois da entraga de premios, vaian no seu coche o Pavillón Polideportivo de Ribadeo para empregar as duchas.