Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

Xove acolle o Campionato de España de Bolo Celta de veteranos

Por 8 Setembro, 2022Sin comentarios

Esta vindeira fin de semana, 10 e 11 de setembro, celebrarase nos campos de bolos de Sumoas e de Lago, no Concello de Xove, o Campionato de España de Bolo Celta na súa categoría de veteranos. O club de Bolos Xove participa enste Campionato con 4 xogadores, tres deles veteranos e un superveteranos.

Para este campeonato vanse desprazar unha treintena de xogadores de toda España, maiormente de Asturias, Madrid e Galicia. Preveese un gran nivel, xa que ainda que todos os xogadores son maiores de 58 anos, hai alguns que manteñen un nivel competivo impresionante e todavía dan guerra nos campeonatos de España senior.

Contarase coa presencia de varios xogadores que foron campeons de España en categoría senior e incluso co campeón olímpico en Barcelona 92 (os bolos foron deporte de exhibición nestas olimpiadas).

O sábado xogaranse o Campionato Individual das categorías de veterano, de 58 a 65 anos, e de superveteranos, mais de 65 anos.

O domingo pola mañá xogarase o Campionato de parellas, as cales sairán dun clasificatorio que se fará o sábado para escoller as 8 mellores.