Skip to main content
BarreirosDeportes AMARIÑAXA

O Concello de Barreiros busca un monitor de deportes

Por 12 Setembro, 2022Setembro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros publicou unha convocatoria para iniciar o proceso de contratación por concurso-oposición dun posto de monitor de deportes en réxime laboral temporal no Concello ao abeiro do programa de Fomento do Emprego incluído no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022.

O prazo para presentar as solicitudes é de 10 díaz naturais a contar dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, é dicir, ata o 19 de setembro inclusive.

As instancias poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Barreiros e tamén a través da sede electrónica municipal. As bases e o modelo de solicitude están publicados na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello de Barreiros físico e sede electrónica.