Skip to main content
AlfozDeportes AMARIÑAXAO Valadouro

Últimos días para anotarse na I Carreira popular Alfoz-Valadouro

Por 26 Setembro, 2022Sin comentarios

A I Carreira Popular Alfoz-Valadouro terá lugar o domingo 9 de outubro con saída no Castelo de Castrodouro de Alfoz e remate no Pavillón Municipal de Ferreira do Valadouro.

Organizada a través dun convenio ente ambos municipios, sendo o Concello de Alfoz o organizador principal en 2022 e alternándose en anos sucesivos, contando coa total coordinación e colaboración das respectivas Concellalías de Deportes e os seus responsables Eliseo Teijeiro no Valadouro e César Marrube en Alfoz.

O percorrido será de 5km nos termos municipais de Alfoz e Valadouro, onde rematará á categoría absoluta e se levará a cabo tamén a saída das categorías de menores que percorrerán as distancias correspondentes no entorno do Pavillón Municipal do Valadouro onde se ubica o punto de chegada para todos e todas as participantes.

Contarase coas instalación deportivas do pavillón, xinmasio e piscinas municipais do Valadouro para o uso de duchas e vestiarios para os corredores e corredoras.

No pavillón habilitarase unha zona de avituallamento tras a carreira e a entrega de premios está programada para as 12:30h, onde se entregarán os trofeos e medallas aos gañadores e gañadoras das distintas categorías.

O percorrido, de 5km, non é excesivamente longo nin presenta dificultade, algo que consideramos fundamental para facelo o máis accesible posible ao maior número de persoas, especialmente a aqueles e aquelas que están comezando a practicar este deporte e así contar cun amplo número de participantes. Do mesmo xeito, se adaptan as distancias para os máis pequenos e en ambos casos se trata de traxectos sinxelos.

A cita deportiva, que terá saída a partir das 10.00 horas da mañá coa andaina, e ás 1.30 será sobre un circuíto de 200 metros para Pícaros, 400 Benxamíns, 800 Alevíns, 1.600 Infantís e Cadetes e 5.000 para a competición Absoluta. Con saída no Castelo de Castro Douro e meta fronte ao CEIP Santa María do Valadouro.

A inscrición estará limitada a 300 corredores para a carreira absoluta, 100 corredores para a carreira Pícaros, 100 corredores para a carreira Benxamíns, 100 corredores para a carreira Alevín, 100 corredores para a carreira Infantil e Cadete. As inscricións en liña poderán realizarse ata o 5 de outubro.

A entrega de trofeos das probas realizarase ao finalizar a Carreira Absoluta