Skip to main content
Alfoz

As escolas deportivas de Alfoz inclúen a modalidade de patinaxe lúdico

Por 18 Setembro, 2022Sin comentarios

As escolas deportivas municipais do Concello de Alfoz inclúen a modalidade de patinaxe lúdico, dirixido a nenas e nenos de 4 a 16 anos. As clases serán os luns en sesións de 1 hora por grupo desde as 16.00 horas no pavillón municipal de Alfoz.

O período de inscrición ábrese o luns 19 de setembro e permanecerá aberto ata o 26 de setembro. As solicitudes deberán entregarse na casa do Concello, Oficina de Rexistro, ou na Sede Electrónica Municipal.

As prazas están limitadas e accédese por rigurosa orde de inscrición. As EDM están subvencionadas polo Plan Único da Deputación de Lugo, sendo gratuitas para todos os nenos e nenas. Pincha na noticia e descarga o modelo de solicitude na web municipal www.concellodealfoz.com