Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros está inmerso na organización das escolas deportivas para este ano

Por 1 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros está inmerso na organización das escolas deportivas para este ano 2022-2023 e nas que queren ampliar o abano de propostas ofertadas.

Este ano entre os deportes e disciplinas que se ofertan están o fútlbol sala e a natación para nenos de 4 a 12 anos, o atletismo e o patinaxe para cativos de 6 a 12 anos, os multixogos de 4 a 6 anos e o surf para maiores de 8.

Nos vindeiros días seguirán informando con máis detallada sobre os grupos e prazos de inscrición. E mentras tanto a modo de recabar a maior información posible e facilitar a asistencia e a conciliación familiar, pregán aos interesado cubrir un breve formulario.

Esta enquisa non vinculante servirá d ebase para poder crear os horarios e as actividades máis favorablemente para as familias.

Para máis información haberá que chamar ao teléfono 680 913 904 ou escribir ao correo tecnicadeportiva@concellodebarreiros.gal.