Skip to main content
Barreiros

Rematou en Benquerencia o taller de lingua de signos e comunidade xorda

Por 3 Setembro, 2022Setembro 4th, 2022Sin comentarios

Rematou en Benquerencia o taller de lingua de signos e comunidade xorda, que se veu celebrando desde principios do pasado mes de agosto. A actividade foi organizada por Ariadna Rocha, pola asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros e contou coa colaboración do Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia.

O obradoiro celebrouse de luns a xoves polas tardes no Canteiro, en Benquerencia. Segundo os organizadores foi un éxito: “as clases foron moi prácticas para fixar mellor os signos e a estrutura. Todo o alumnado está pensando en realizar outro curso para o vindeiro ano”.

Ariadna Rocha fai un balance moi positivo do taller: “foi moi sinxelo traballar cun grupo tan aberto. O proceso de aprendizaxe foi moi ben”. En total 16 persoas asistiron a este taller de lingua de signos e comunidade xorda. 

Desde a asociación Camiñantes e Camiños de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, o seu presidente, agradece “de forma especial ao presidente da do Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia, Pepe Cadramón, a súa colaboración para poder levar adiante esta actividade”.