Skip to main content
BarreirosCultura AMARIÑAXA

Iria Pernas, Macanudos de Barreiros: “Tentamos desfilar en todos os entroidos da zona que podemos“

Por 25 Setembro, 2022Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

Iria Pernas Cagigal é a presidenta dos Macanudos.

Quen se atopa ao fronte da asociación? Canto tempo leva no cargo?

Actualmente atópase dirixindo a asociación unha directiva composta íntegramente por mulleres que levan formando parte dos Macanudos dende hai moitos anos. A presidenta, Iria Pernas, forma parte dos Macanudos desde os seus inicios e leva no cargo desde o 2020 mentras que o resto da directiva incorporouse a misma en maio deste ano.

Como e cando naceu os macanudos?

Os Macanudos nacen en Barreiros no ano 1988, chegando a ser unha formación de 30 persoas. Si ben por diversos problemas internos decidiuse que o proxecto chegara ao seu fin. Pero no ano 2011, un grupo de veciños decidiron retomar a comparsa con algún dos membros que estiveran anteriormente e con novos integrantes que se animaran a participar. Desde entón, todos os anos saímos a rúa a desfilar en todos os entroidos da zona que podemos abarcar.

Cantas persoas forman a asociación?

Actualmente a asociación consta duns 50 componentes que comprende homes e mulleres de edades moi diversas e na súa maioría de Barreiros.

Con que idades?

Temos un macanudiño de tres anos que esperemos que nos acompañe en varios desfiles. Ademáis, unha nova incorporación desta tempada é unha nena que a pesar de ter oito anos xa apunta maneiras cos instrumentos. Por outro lado, o macanudo con maior idade ten 54 anos e leva cos Macanudos desde o seu inicio, é un dos pilares fundamentais da familia macanuda.

Que tipo de actividades fan?

Os Macanudos centranse sobre todo no Entroido, a meta de asociación é poder saír a desfilar cada ano cun traxe novo e poder desfrutar do Entroido coa batukada e as coreografías, para chegar a esa meta organizan outro tipo de actividades como a Holi Wave e o Carnaval de Verán, ceas temáticas como a de samaín, ou a do cocido antes do Entroido xunto con outras asociacións.

Cales son os obxectivos que perseguen?

O obxetivo principal é poder saír a desfilar cada Entroido cun traxe novo e cun repertorio diferente.

Que proxectos de futuro teñen?

O proxecto máis importante para nós actualmente é o Entroido 2023 pero antes de chegar a él habrá outras actividades que polo de agora non podemos revelar.

Como se mantén unha asociación como esta?

Principalmente con moito esforzo e moitas ganas. Ademáis das cuotas que paga mensualmente cada integrante realizamos varias actividades ao longo do ano para recaudar fondos. Temos unha gran costureira que se encarga de que os traxes señan a nosa medida e, para aforrar custos, realizamos talleres ao largo dos meses nos cales facemos os tocados e os accesorios dos traxes. Adicámoslle moitas horas!

Contan con apoio municipal para as actividades?

Sí a parte de ter una sede nun local municipal, en eventos coma a Holi Wave sin apoio municipal non se poderían levar a cabo ou sería moito máis complicado por todo o equipamento que se precisa, así como todos os permisos precisos para poder facer un percorrido coma o desta actividade.

Como se presenta a vindeira tempada ou o verán?

A verdade e que estamos moi emocionados coa vindeira tempada. Este ano había diversas ideas de traxes moi prometedoras sobre a mesa e estamos convencidos de que a que escollemos vai sorprender porque é diferente do que levamos hasta agora. Además, creemos que os novos componentes deste ano veñen con ganas, entusiasmo e boas ideas e esto vai ser clave a hora de divertir e animar a xente cando saiamos as rúas a desfilar.

Cal é o acto máis importante que organizan? Como xurdiu a idea do Holi Wave?

Sin duda é a Holi Wave. A idea é fruto dunha macanuda moi creativa que por aquel entonces formaba parte da directiva e que continúa formando parte da asociación. Estábamos buscando realizar algún evento que puidera proporcionar fondos pero que fora diferente aos que había na zona e ela deuse de conta de que en toda a contorna non había ningunha carreira de cor. Ese mismo ano organizouse a primeira Holi e sempre obtivemos moi bos resultados. Por mor da pandemia tivemos que deixar de facela pero este ano levamos a cabo a III Holi Wave o día 20 de agosto na pista de San Bartolo (Barreiros).