Skip to main content
Barreiros

A Deputación acorda a licitación das obras de mellora de tres estradas de Barreiros

Por 25 Setembro, 2022Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación acordou a licitación de novas obras de mellora na rede viaria provincial, en concreto, en tres estradas de Barreiros cun investimento de 150.000 euros.

Trátase da LU-P-0605, que comunica Benquerencia con Suigrexa, onde se renovará o firme dende o comezo ata o punto quilométrico 1,2; a LU-P-0606, de Benquerencia a Pedregás, cunha actuación do quilómetro 0,473 ao 0,707; e a LU-P-0607, de Benquerencia á Praia da Fontela, na que se acometerán melloras nos dous primeiros quilómetros. Esta é unha estrada moi empregada pola veciñanza porque conecta a Nacional 634 coa LU-P-0610, que discorre paralela á costa de Barreiros e que foi acondicionada pola propia Deputación en dúas fases que sumaron un investimento superior aos 200.000 euros.