Skip to main content
Burela

Aberto o prazo para inscribirse na Escola de Música de Burela

Por 2 Setembro, 2022Sin comentarios

Como en anos anteriores ata o 15 do presente mes de setembro, está aberto o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música de Burela

Para formalizar a inscrición deberán acudir á Sede na Escola Municipal de Música de Burela, en horario de 10.00 a 14.00, onde se lles facilitará a documentación necesaria para a matrícula. Asemade, se así o desexan, poderán descargar o impreso da páxina web do Concello de Burela ou ben do Facebook da Escola

Durante este curso, como en anos anteriores, a Escola de Música traballará na organización e desenvolvemento de cursiños de educación musical, concertos didácticos, talleres, etc., nos que se traballarán diversos contidos coma: apreciación musical, discriminación auditiva, coñece-los elementos da música, práctica instrumental, etc.

Continuará aberta a aula de formación musical para adultos e o curso de Música e Movemento para nenos entre catro e oito anos, así coma as outras especialidades instrumentais de corda (violín, viola, violonchelo e contrabaixo), vento( óboe, clarinete, saxofón, frauta, fagot, trompeta, trompa, tuba, trombón…etc), piano e percusión, e as materias complementarias coma o linguaxe musical, coro, audicións, harmonía, jazz, banda, formación orquestral, …etc.