Skip to main content
Axenda AMARIÑAXABurela

Burela acollerá un obradoiro de debuxo urbano para mozos

Por 19 Setembro, 2022Sin comentarios

O venres 30 de setembro a praza da Mariña de Burela acollerá un obradoiro de Debuxo Urbano para mozos e mozas a partir de 12 anos impartido por Kiko da Silva, director de O Garaxe Hermético – Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración.

Este obradoiro será en horario de 16.00 a 20.00 horas e é gratuíto, tan so haberá que anotarse chamando á casa da xuventude, 982 581 141, antes do 29 de setembro.