Skip to main content
Burela

Ampla variedade de actos para o outubro de Burela

Por 26 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Burela informou da programación cultural para este mes de outubro na que os sábados haberá unha ampla variedade de actos para todos os públicos no auditorio municipal.

Comeza este sábado 1 de outubro co programa Ler Conta Moito, co que se poderá desfrutar de Lúa a cargo de Teatro Ghazafelhos ás 18.00 horas, o seguinte, o día 8, será a quenda do musical Dr. Queen, e o día 15 será o concerto a cargo de Música Miúda, As historia de Bemol Pequeno, ás 18.00 horas.

A seguinte semana, o sábado 22, será o Musical Tributo a Cantajuegos a cargo do grupo Cosquillas ás 17.00 horas, e o derradeiro sábado, o día 29, os monicreques de Kukas presentan a obra Don Gaiferos ás 19.00 horas.

Por outra banda o venres 28 Lara Hierro amosará o seu espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial. Será ás 21.00 horas.