Skip to main content
Axenda CaducadaCervoDeportes AMARIÑAXA

O III Torneo de Pádel Cervo terá lugar do 20 ao 25 de setembro

Por 10 Setembro, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo e o CD San Ciprián, coa colaboración do veciño e afeccionado ao pádel, Francisco García, organizan o III Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga do 20 ao 25 de setembro, ambos incluídos.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de setembro no teléfono 639 05 40 15.

Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 15 euros nunha categoría e de 25 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo e haberá cadro de consolación en todas as categorías.

O torneo, tal e como explican desde o Concello, tamén servirá de escaparate para dar a coñecer as nosas instalacións a aqueles deportistas que aínda non fixeran uso das pistas municipais recentemente reformadas “co que conseguimos mellorar substancialmente as condicións de xogo, xa que a actuación consistiu en cubrir a pista que carecía de protección; e pecháronse as dúas lateralmente a partir dunha altura de 2,45 metros, podendo utilizar as instalacións sexa cal sexa a situación meteorolóxica”.

Ademais desde o pasado verán, tamén demos un salto de calidade ás nosas instalacións, ao dixitalizar o proceso de reservas das pistas, a través da páxina o que simplifica e axiliza o procedemento.