Skip to main content
Cervo

Cervo xa pertenze á Rede Galegas de Praias sen fume

Por 11 Setembro, 2022Sin comentarios

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, recibiu en Baiona de mans do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o diploma que acredita a pertenza do municipio á Rede Galegas de Praias sen fume.

Esta iniciativa, na que está integrados os areais de O Torno, Cubelas e A Caosa -de San Ciprián- e a praia de Rueta -de Cervo- busca sensibilizar sobre a importancia de promocionar unha vida sen tabaco e contribuír a desnormalizar o consumo desta substancia nos espazos públicos.

Praias sen Fume non ten un ¬fin recadatorio, senón educativo, de promoción da saúde e de sensibilización, sendo o seu cumprimento voluntario.

Administración autonómica e concellos suman forzas para afondar na idea de que para gozar dun día de praia non fai falla fumar. A praia é un lugar lúdico para divertirse en familia, en parella, coa natureza, onde o fume de tabaco é totalmente prescindible.

O diploma recibido acredita a aqueles concellos que teñen polo menos a metade das súas praias declaradas sen fume. Pertencer á rede compromete ao Cervo incluír areais no censo oficial, colocar toda a sinalización e materiais de difusión facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública e desenvolver no concello actividades ou accións encamiñadas a lograr unha sociedade libre de tabaco e as iniciativas que axudas ao seu abandono.