Skip to main content
CervoComarca AMARIÑAXA

Parlamentarios europeos visitan Alcoa para coñecer o traballo da central

Por 21 Setembro, 2022Setembro 23rd, 2022Sin comentarios

Casares, en Alcoa: “Se necesitan soluciones a largo plazo con renovables y a corto, el Gobierno de España las está aportando”.

A delegación da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo, presidida polo eurodeputado socialista alemán Jens Geier, continuou este martes o seu percorrido polas compañías enerxéticas galegas.

Os europarlamentarios desprazáronse ata Alcoa para coñecer o traballo que está a realizar a central para sumarse á transición enerxética. A compañía, con case dous mil traballadores, é un dos principais motores económicos da comarca da Mariña.

“Necesítanse solucións a longo prazo con renovables e a curto, o Goberno de España está a achegalas”, así se refería o eurodeputado Nicolás González Casares ás accións para executar para ter unha industria máis ecolóxica. Unha das medidas que ten o Goberno de España é o sistema alternativo á interrumpibilidad do gas para as empresas gas intensivas.

O relator socialista na Revisión da Directiva de Enerxías Renovables e na Comisión de Transporte e Enerxía, urxiu a necesidade de que Alcoa comece a poñer en marcha os proxectos de carácter renovable acordados para garantir a viabilidade da central e asegurar “unha electricidade barata e fiable”. “Os compromisos a longo prazo son os que de verdade van manter a esta industria”, insistiu.

Nesta liña, sinalou a présa coa que a Xunta de Galicia debe conceder os permisos pertinentes para que estas iniciativas sexan unha realidade e “haxa suficiente potencia para alimentar con enerxía verde a Alcoa”.

O socialista indicou o beneficioso que podería resultar para a central sumarse ao PERTE para descarbonizar a industria, que se está levando a cabo cunha contía de tres mil millóns de euros procedentes dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno español. Unha das múltiples ferramentas que desde España e Europa poñen ao dispor das industrias para impulsar e acelerar a súa transición enerxética.

Na misión participan os eurodeputados Marion Walsmann (PPE, Alemaña), Henna Virkkunen (PPE, Finlandia), Niels Fuglsang (S&D, Dinamarca), Izaskun Bilbao (RE, España), Susana Solís (RE, España), Pilar del Castillo (PPE, España) e Francisco José Millán Mon (PPE, España). Ademais de Alcoa, este martes os europarlamentarios achegáronse ata Endesa-ENEL nas Pontes. A viaxe continuará este mércores por Asturias para visitar a planta de ArcelorMittal.