Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A parroquia focega de Fazouro prepara a Romaría San Campio

Por 16 Setembro, 2022Setembro 18th, 2022Sin comentarios

A parroquia focega de Fazouro prepara para o domingo 18 de setembro a súa tradicional Romaría San Campio, unha festa campestre que enche a contorna da igrexa de merendas.

A xornada comezará ás 13.00 horas cunha misa solemne e a procesión coa colaboración da Asociación Folclórico Cultural A Subela. Máis tarde será a mereda na carpa instalada no campo que contará cun polbeiro.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, haberá un baile na carpa amenizado polo Dúo Vivarium.