Skip to main content
Axenda CaducadaLourenzáRibadeo

Santo Tomé, en Lourenzá, e Couxela, en Ribadeo, están de festa

Por 23 Setembro, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Santo Tomé de Lourenzá celebra dende esta noite a festa na honra a San Antonio e Santo Tomás. Unha gran pulpada e churrascada será o inicio da celebración ás 21.00 horas de hoxe, venres. A noite contará coa música de Los Players e o grupo de música tradicional A Roda e un DJ.

O sábado empezará a celebración con misa e a sesión vermú estará ao cargo de La Bamba, que tamén será a protagonista da verbena xunto a un DJ. O domingo, despois da misa das 13.30, será a sesión vermú, na que actuarán o cuarteto tradicional Illa Pancha e a orquestra D’Noche. Pola noite volverá actuará esta mesma orquestra nun campo da festa que estará cuberto con carpa.

COUXELA

A parroquia ribadense de Couxela festexará a Nosa Señora dos Dores este sábado, 24 de setembro, na que será a súa XVII edición. Comezarán cunha misa solemne ás 13 horas con procesión amenizada polo cuarteto tradicional Illa Pancha.

A sesión vermú contará coa actuación do solista Jaime Paredes e a partir das 22.45, tanto esta cantante como la orquestra Los Satélites, ofrecerán na verbena o fin de festa que contou coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta.

O campo da festa estará cuberto con carpa.