Skip to main content
Lourenzá

Constitúen en Lourenzá un grupo para organizar a homenaxe a Del Riego o próximo ano

Por 24 Setembro, 2022Sin comentarios

Este mércores, día 21, tivo lugar na Casa do Concello de Lourenzá unha reunión da Mesa Coordinadora Don Paco. Este grupo de traballo ten como obxectivo principal coordinar, canalizar e promover todos os actos e actividades que dende Lourenzá se fagan para homenaxear a figura de Francisco Fernández del Riego, Fillo Predilecto do Concello, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas o próximo ano 2023. A súa finalidade é ser a entidade de referencia na promoción dos actos que dende Lourenzá se organicen.

A Mesa Coordinadora Don Paco está integrada por Rocío López García, alcaldesa do concello de Lourenzá como presidenta; Manuel Román Ramos, biógrafo de Francisco Fernández del Riego, secretario; Manuel Arango Ron, concelleiro de Cultura do concello de Lourenzá; Francisco Javier Rodríguez Barrera, representante do grupo municipal do PP; María Áurea Vázquez Abal, representante do grupo municipal do BNG; María José López Noceda, técnica de cultura do Concello de Lourenzá; Isabel Villalba Seivane, representante da Asociación Patrimonio Laurentino; Xosé Luís Fernández Rivera, representante da Asociación Patrimonio Laurentino, e Xosé López González, biógrafo de Francisco Fernández del Riego.