Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo saca unha variada oferta de escolas deportivas

Por 9 Setembro, 2022Sin comentarios

A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo coa Asociación Deportiva Salto do Coro, coa colaboración do Centro Sociocomunitario da Xunta de Galicia saca unha variada oferta de escolas deportivas e que non exclúe que máis tarde saquen máis horarios.

Así, o fútbol-sala prebenxamín e biberón será o luns de 17.10 a 18.10 e xoves de 16.30 a 17.30, e para alumnos de primeiro e segundo de primaria e benxamíns será os martes e mércores de 16.30 a 17.30 horas.

Para alevín serán os luns de 18.10 a 19.10 e mércores de 17.30 a 18.30, infatil os martes e xoves de 18.30 a 19.30 e cadete os martes e xoves de 19.30 a 20.30 horas.

O baloncesto benxamín e alevín xogarase os luns de 17.10 a 18.10 e xoves de 16.30 a 17.30, e o infantil e cadete será os martes e xoves de 17.30 a 18.30 horas. E o bádminton impartirase os mércores de 18.30 a 19.30.

No tocante ás actividades para os maiores, a ximnasia de mantemento para o grupo 1 será os luns e xoves de 10.00 a 11.00 no centro de Servizos Sociais.
E a do grupo 2 os martes e venres de 10.00 a 11.00 no Centro de Servizos Sociais. As clases de pilates será os luns ás 20.00 horas na casa da xuventude, a ximnasia con circuítos os martese a aeróbica os xoves, ambas ás 20.30 no polideportivo.

Para participar será necesario apuntarse ou informarse chamando ao teléfono ‪605 790 091‬.