Skip to main content
Mondoñedo

Continuou en Mondoñedo a campaña de recollida de sinaturas en apoio á ILP

Por 16 Setembro, 2022Sin comentarios

Continuou en Mondoñedo a campaña de recollida de sinaturas en apoio á ILP sobre medidas urxentes para a Atención Primaria que promoven colectivos sociais como SOS Sanidade Pública ou a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña.” A sanidade pública de todo o país está a pasar por un dos peores momentos con múltiples problemas tanto na atención hospitalaria, coma  na atención primaria”, din dende o BNG da Mariña.

“Como é sabido, as políticas sanitarias do Partido Popular levaron a esta situación que  se fai notar, e dun xeito moi acusado na nosa comarca, na Mariña, e tamén  do centro de saúde do PAC de  Mondoñedo donde a situación é desastrosa, donde había 4 médicos e agora quedan 3 pola amortización dunha praza por xubilación e dos 3 que quedan agora unha está de baixa desde antes do verao e só se cubre ás veces de forma moi puntual”, dixo Eloi Cabanas, portavoz municipal do BNG, que explica tamén que en agosto durante quince días estivo un profesional só non podendo este coller as vacacións que lle correspondían  por non deixar o centro de saúde sen atención.

“A pasividade do PP é total ante esta problemática, pero non lles imos permitir que sigan xogando coa nosa saúde”, manifestou Cabanas.

Cabanas incide tamén nos problemas de pediatría, comúns a Lourenzá e Barreiros e tamén recordou a situación do  centro de fisioterapia en Mondoñedo anunciado no 2020 e agora mesmo aínda sen aparatos nin persoal.