Skip to main content
Mondoñedo

As San Lucas avanzan o pregoeiro e o programa musical

Por 19 Setembro, 2022Setembro 20th, 2022Sin comentarios

A comisión organizadora das San Lucas de Mondoñedo xa avanzou parte do programa que se desenvolverá este ano, no que recupera unha programación fóra das restricións que se viviron o ano pasado.

As San Lucas, que chegan a súa edición número 866 terá lugar do 14 ao 20 de outubro.

Así, deu a coñecer o que será o pregoeiro este ano, Modesto Díaz García, mindoniense de 66 anos, conserxe durante 42 anos no IES San Rosendo, participou na política local durante 20 anos e sempre involucrado nos diversos eventos tradicionais en Mondoñedo.

Tamén se coñecen as orquestras que amenizarán o apartado musical este ano. Sucederanse dende o día 14 Charleston Big Band, Salsarena e Panamá, Punto Clave e América, Aroma e Panorama, Principal e Los Satélites e Tekila.

AS SAN LUCAS

Será esta unha edición na que non estará á fronte da mesma Miguel Souto, que foi substituído por Miguel Paz. Souto deixou oficialmente a presidencia da comisión no mes de agosto tras dez anos liderando a asociación e dirixindo a organización das San Lucas.

As San Lucas son unhas das máis importantes feiras tradicionais de Galicia, cuxo orixe se remonta a 1156, ano no que Alfonso VII concedeu á vila unha festa de oito días.

As feiras de As San Lucas son, fundamentalmente, de gando, con feira cabalar, concurso de gando, de andaina galega, modalidades serradas e chapeada, un concurso canino e distintas exhibicións.

Non faltan charangas, xogos tradicionais, verbenas e concertos todos os días, e unha feira-mostra de produtos agroalimentarios e de maquinaria.