Skip to main content
Ourol

A Biblioteca de Ourol pon a disposición os libros de lectura obrigatoria

Por 13 Setembro, 2022Sin comentarios

Un ano máis, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades na educación ás familias e facilitar o acceso ós recursos educativos, a Biblioteca Municipal de Ourol pon a disposición dos seus socios e socias os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos da contorna.

Para usar este servizo é necesario ser socio e no caso de non selo podese facer nun momento na biblioteca de forma totalmente gratuíta.

O préstamo de libro é de 21 días, renovable outros 21, sen embargo no caso das lecturas escolares pode estenderse por máis tempo.

Pódese solicitar información chamando ao teléfono 982 55 90 19 ou no 608 694 051.