Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

A parroquia pontenovesa de Conforto prepara unha churrascada para o día 9

Por 3 Setembro, 2022Setembro 9th, 2022Sin comentarios

A partir desta semana estarán á venta os tiquets para asistir á churrascada organizada na parroquia pontenovesa de Conforto para o vindeiro venres 9 de setembro.

Neste encontro gastronómico que será a partir das 22.00 horas poderase degustar empanada, xamón cocido, churrasco de porco e criollo, tarta de Santiago, viño, auga, café e Pepsi.

Os tiquets, cun prezo de 18 euros, pódense reservar chamando ao 650 186 011 e facer pagos a través de Bizum ou en físico, e xa se poden mercar no San Briz, Rony Bar e Casa Paulino.

CONFORTO.  O día 8 de setembro, é a festividade de Santa María de Conforto, na que veñen devotos de municipios da provincia de Lugo e de Asturias a ofrecerse por si mesmos ou para conseguir algunha intercesión para outros. Hai varias misas ao longo da mañá e a procesión tras a eucaristía cantada, que consiste en dar unha ou varias voltas ao redor do santuario. Hai quen va andando ata o santuario, de pe ou de xeonllos, outros cunha figura da Virxe, outros con ramas de tello. Algúns tocan á Virxe cun pano que logo colgan dunha árbore pegada á fonte.

A fonte data do 1772 e foi mandada facer polo sacerdote Don Fernando Miranda. Ten na parte superior unha imaxe pétrea de Santa María de Conforto. O ritual consiste en mollar panos na agua e pasalos por partes enfermas do corpo e despois deixar atados os panos na vexetación que arrodea á fonte.

A construcción da santuario iniciouse en 1662, a tribuna é do 1713 e a torre de 1733 e o portón principal é de trazado renacentista. Os retablos teñen imaxes dos séculos XVI, XVII y XVIII. O retablo maior foi pintado en 1681 por Domingo Rodríguez Villameá. Ademáis consérvanse numerosos obxectos de tipo relixioso no Museo de Arte Sacro de Santa María de Conforto, situado ao carón do santuario.