Skip to main content
Ribadeo

Concedida a licenza de rehabilitación da Torre dos Moreno

Por 8 Setembro, 2022Sin comentarios

A xunta de goberno de Ribadeo concedeu licenza de obra para a intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno despois de ser recibida no rexistro de entrada no pasado mes de abril.

No tocante a inmobles residenciais demos a licenza de obra para o proxecto básico de construción dun edificio para 13 vivendas e dous locais comerciais na avenida de Asturias-esquina coa rúa San Francisco. Este edificio terá baixo, dúas alturas e máis o baixo cuberta. Agora o seguinte paso será que os propietarios presenten o proxecto de execución para poderen empezar as obras. Tamén outorgaron licenza de obra para a construción de dúas novas vivendas unifamiliares na vila e en Piñeira, así como a rehabilitación integral doutra en Vilaselán.

Así mesmo concederon a autorización para as obras necesarias para cumprir a normativa de acceso a persoas con mobilidade reducida na discoteca da rúa Vilalba. Agora terán que presentar o proxecto global que recolla todos os cambios normativos vixentes na actualidade.

Por outra banda deron a licenza de obra ao proxecto de execución para a Intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno. Estas obras contemplan, entre outras, actuacións de reparación da estrutura e do saneado de cubertas e de todas as súas fachadas. Os materiais de recuperación das fachadas van ser similares aos do morteiro de cal, que ten actualmente o edificio, e tamén os materiais de cuberta serán os mesmos que os do edificio actual. Tamén se vai proceder á colocación de novas carpinterías exteriores, dado o pésimo estado das actuais, e en todo caso a intervención non vai modificar a volumetría do edificio orixinal.

Segundo o Concello “agora a empresa propietaria da maioría do edificio xa pode empezar cando o desexe as obras de rehabilitación deste edificio icónico de Ribadeo”.