Skip to main content
Ribadeo

Volve o programa As parroquias en marcha, do Concello de Ribadeo

Por 14 Setembro, 2022Sin comentarios

Volve o programa As parroquias en marcha, que organiza o Concello de Ribadeo. A primeira parte xa tivo lugar de maio a xullo e a segunda desenvolverase do 15 de setembro ao 15 de decembro.

Para participar é preciso inscribirse chamando á Casa da Xuventude ao teléfono 982 129 889. A veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias, excursións e teatro.

As parroquias en marcha chegará os luns a Vilela e Remourelle, os martes a Cinxe e Vilaselán, os mércores a Rinlo e Ribadeo, os xoves ás Anzas e os venres a Vilaframili, Covelas e Santalla.