Skip to main content
Ribadeo

Retirarán especies exóticas invasoras na zona da Aceas de Ribadeo

Por 24 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Ribadeo levará a cabo traballos de retirada e control de especies exóticas invasoras na zona das Aceas, na ribeira da Ría de Ribadeo. Será durante o que queda deste ano e no primeiro trimestre do 2023. 

Segundo explicaron dende o Concello actuarase na ribeira da Ría de Ribadeo, na parroquia de Ove, singularmente entre A Vilavella e o inicio do tren mineiro, unha zona coñecida como As Aceas.

As partes principais desta actuación xa foron feitas hai varios anos, pero agora nestas 9 hectáreas aproximadamente o 9 por cento desta superficie aínda ten especies vexetais arbustivas e plantas invasoras que consideran necesario seguir eliminando, como tamén seguir mantendo a senda peonil, eliminar varios puntos de lixo e instalar paneis informativos para que os viandantes e a xente que pasea poida apreciar a flora, a fauna e todo o que está vendo nese arredor.

Para esta actuación destínase unha axuda da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, que provén de fondos europeos. A obra está adxudicada á empresa Foresga, que a vai facer en dúas anualidades: unha parte agora, no que queda de ano, e a outra parte restante no primeiro trimestre do ano 2023.