Skip to main content
Ribadeo

Deron comezo as obras da área recreativa da Vilavella, en Ribadeo

Por 27 Setembro, 2022Sin comentarios

En Ribadeo deron comezo as obras de acondicionamento e mellora da área recreativa da Vilavella, onde se recuperará e ampliará o espazo verde, que agora ocupa a antiga estrada que daba acceso ao núcleo urbano. Alí vaise crear unha zona de lecer e de descanso, que contará cun miradoiro, con bancos, mesas, aparcabicis e paneis informativos.

Con estas actuacións preténdese acondicionar este espazo para convertelo nunha área recreativa de fácil acceso a pé ou en vehículo, e que serva de zona de descanso ou de paso cara a ruta do Muíño das Aceas dentro do Camiño Natural do Cantábrico que percorre toda a costa. 

Deste xeito recuperarase e ampliarase o espazo verde agora mesmo ocupado pola antiga estrada que daba acceso ao núcleo urbano, converténdoa así nunha zona de lecer, de descanso e de paso dentro da ruta de sendeirismo que conduce ao citado Muíño das Aceas. 

Entre as actuacións contempladas atópase o axardinamento deste espazo, a instalación de iluminación LED, o acondicionamento dunha zona de aparcamento, crearemos tamén un miradoiro cunha varanda de seguridade e tamén instalaremos mobiliario como bancos, mesas e aparcabicis e paneis informativos.

O orzamento desta actuación é de 40.000 euros e conta cunha achega de 29.000 procedentes do Fondo de Compensación Ambiental. A empresa adxudicataria da obra é Gestión Gratelu e o prazo de execución é dun mes.