Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo esixe o comezo das obras no barrio da Pega e a estrada do Faro

Por 29 Setembro, 2022Sin comentarios

O grupo municipal do PP en Ribadeo denuncia unha falta de xestión e planificación en Ribadeo e demanda ao goberno do BNG que comecen coas obras previstas e que os veciños agardan desde fai moito tempo. A vicevoceira popular, Elena Sierra explica: “o barrio de la Pega, a estrada do Faro onde anunciaron a golpe de bombo e prato a novidade do carril bici e a día de hoxe está todo sen facer e sen amañar. Basta xa”.

Para os populares o discurso é sempre o mesmo: “Vaise arranxar, hai problemas cos orzamentos, os prezos incrementáronse…escusas dun goberno que non sabe que facer nin como xestionar”.

Elena Sierra insta ao goberno a que empecen a xestionar e facer unha planficación das obras e melloras que prometeron porque “nós non queremos ser mal pensados pero parece unha estratexia para atrasar as obras ata que se acheguen as eleccións, algo moi típico deste goberno”. Ademais, a popular trasladou as queixas dos veciños do barrio da Pega, que levan moito tempo esperando a mellora e acondicionamento das súas rúas e que “agora este goberno está pasando deles”.

Por iso, a vicevoceira destaca que hai unha falta de xestión, pois as obras son competencia directa da concelleira de obras e infraestruturas. “ A todos quedounos moi claro que no verán era a alcaldesa en funcións. Pero o importante non é ser alcaldesa, se non funcionar.” Sierra resaltou que o importante é traballar durante todo o mandato e non catro días antes das eleccións para “que fagan política e se xunten para a foto”.