Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Comeza en Órrea un curso de pintura e manualidades

Por 17 Setembro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, comeza hoxe, sábado día 17, un curso de pintura e manualidades no local social.

Este terá lugar ás 10.00 horas ata as 13.00, aínda que algún sábado impartirase pola tarde porque a profesora xa ten ocupadas as mañás.

Serán un total de seis sábados a duración do curso.

A asociación subvencionará unha parte do material, pero o que se use a maiores será cobrado pola profesora aos participantes.

As persoas que queiran participar, deben comunicalo con urxencia ao teléfono 696 199 684 (Hilda), se é posible por whastapp.